Adrien Blanchet
Adrien Blanchet en (1924) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1866 París, Francia |
Morte | 27 de decembro de 1957 (91 anos) París. Francia. |
President of the Société de l'histoire de Paris et de l'Île-de-France (en) | |
1911 – 1912 ← Jules Guiffrey (pt) – Henry Marie Radegonde Martin (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | francesa |
Educación | École Pratique des Hautes Études. École du Louvre. |
Q89547790 | Estudos de numismática galo-romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática, arqueoloxía e biblioteconomía. |
Ocupación | bibliotecario, arqueólogo, numismático |
Membro de | |
Premios | |
- (1919): Medalla da RNS. - (1934): Medalla Huntington (ANS). | |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) |
Jules Adrien Blanchet, nado o 8 de marzo de 1866 en París e finado o 27 de decembro de 1957 na mesma cidade, foi un numismático, arqueólogo e bibliotecario francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Adrien Blanchet naceu en París o 8 de marzo de 1866 nunha familia orixinaria de Normandía. De rapaz amosou interese polas moedas antigas; xa con 16 anos axudaba o arquivista do Museo de Pau na clasificación de moedas e logo introduciuse na numismática da man de Anatole de Barthélemy.[1] Blanchet cursou os seus estudos na École Pratique des Hautes Études de París e na École du Louvre (1891).[2][3]
En 1890 ingresou na Biblioteca Nacional de Francia, onde desde 1892 ocupou o posto de bibliotecario e a partir de 1895 foi bibliotecario honorario.[4][5] Alí traballou na inventariación de varias coleccións do Gabinete de Medallas, sinaladamente as moedas partas e as atenienses, e publicou en 1985 o catálogo da colección de bronces antigos, en colaboración con Ernest Babelon.[2]
Foi membro de numerosos comités de expertos, entre eles o que se encargou do estudo da organización dos museos de Alemaña e de Austria, en 1892.[5]
Durante a primeira guerra mundial participou como oficial voluntario e prestou o seu servizo en hospitais militares.[6]
Entre outras entidades académicas e asociativas, Blanchet foi presidente da Sociedade Francesa de Numismática en tres períodos: 1903-1905, 1911-1912 e 1941-1942.[7][8] Presidiu tamén a Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia e a Sociedade de Historia de París e da Illa de Francia (1911-1912). Do mesmo xeito, durante longo tempo foi o presidente do Comité de Traballos Históricos de Ministerio de Instrución Pública de Francia.[2][5][9][10]
Ademais, foi membro doutras organizacións, como a Liga da Patria Francesa, a Sociedade Francesa de Arqueoloxía, a Sociedade Francesa de Heráldica e Sixilografía, a Académie des Inscriptions et Belles-Lettres (1919) e a Académie des Sciences, Belles-lettres et Arts de Lyon.[2] No ámbito internacional, pertenceu tamén á Royal Numismatic Society, de Londres, á Sociedade Real de Numismática de Bélxica e á American Numismatic Society.[4][5]
No ámbito editorial, entre 1906 e 1956 dirixiu, xunto con Ernest Babelon, a publicación Revue Numismatique, da Sociedade Francesa de Numismática.[2][11][12] Tamén foi codirector da Carte archéologique de la Gaule (1931-1953) e foi membro do comité editorial da revista Gallia.[4][5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1919): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[13]
- (1934): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[14]
Publicacións
[editar | editar a fonte]A obra de Adrien Blanchet é moi ampla. Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por el ao longo da súa carreira:[5][15][16][17]
Numismática
[editar | editar a fonte]- (1886). Documents pour servir à l'histoire monétaire de la Navarre et du Béarn de 1562 à 1629 Arquivado 03 de agosto de 2021 en Wayback Machine.. J. Justére, Dax.
- (1888). Numismatique béarnaise: les graveurs en Béarn. H. Labèque, Dax.
- (1890). Nouveau manuel de numismatique du moyen age et moderne. Tomo 1 / Tomo 2 (parte 1ª) / Tomo 2 (parte 2ª) / Tomo 3 (atlas). Roret, París.
- (1892). Études de numismatique. Tome premier. Rollin et Feuardent, París.
- (1893). Numismatique du Béarn. I: Histoire monétaire du Béarn. Leroux éd., París.
- (1894). Les Monnaies grecques. Leroux éd., París.
- (1896). Les monnaies romaines. Leroux éd., París.
- (1900). Les trésors de monnaies romaines et les invasions germaniques en Gaule. Leroux éd., París.
- (1900). Congrés international de numismatique réuni à Paris, en 1900 (con Comte de Castellane, H.). Société française de numismatique, París.
- (1901). Études de numismatique. Tome second. Leroux & Rollin et Feuardent, París.
- (1905). Traité des monnaies gauloises. 1ª parte / 2ª parte. Leroux éd., París.
- (1912). Manuel de numismatique française. I: Monnaies frappés en Gaule depuis les origines jusqu'a Hugues Capet (con A. Dieudonné). Picard, París.
- (1916). Manuel de numismatique française. II: Monnaies royales françaises depuis Hugues Capet jusqu'à la Révolution. Picard, París.
- (1930). Manuel de numismatique française. III: Médailles, jetons, méreaux. Picard, París.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]- (1893-1902). Mélanges d’archéologie gallo-romaine. Vol. I (1893) / Vol. 2 (1902). Leroux éd., París.
- (1895). Catalogue des bronzes antiques de la Bibliothèque nationale (con E. Babelon), Leroux éd., París.
- (1900). Les camées de Bourges. Delesques, Caen.
- (1902). Chronique archéologique de la France, 1901. Picard, París.
- (1907). Les enceintes romaines de la Gaule. Leroux éd., París.
- (1908). Recherches sur les aqueducs et cloaques de la Gaule romaine. Picard, París.
- (1909). Inventaire des mosaïques de la Gaule et de l'Afrique. I: Gaule (con G. Lafaye). Leroux éd., París.
Outras
[editar | editar a fonte]- (1897). Dépenses de la Maison du comte de Provence en 1774. Lechevalier & Cheronnet, París.
- (1902). Sigillographie française. Picard, París.
- (1914). Collections sigillographiques de MM. Gustave Schlumberger et Adrien Blanchet (con G. Schlumberger). Auguste Picard, éd., París.
- (1920). Trois lettres de l'ancienne Académie des inscriptions et belles-lettres. Académie des inscriptions et belles-lettres, París.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Renou, L. (1958). Páxina 7.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Babelon, J. (1958). Páxina 7.
- ↑ Grenier, A. (1958). Páxina 1.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Blanchet, Adrien". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Blanchet, Jean Adrien". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS).
- ↑ Babelon, J. (1958). Páxina 8.
- ↑ "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
- ↑ Le Rider, G. et al. (1965). "La Société française de numismatique: 1865-1965". En Revue Numismatique. Tomo VII. Páxina 24.
- ↑ Grenier, A. (1958). Páxina 2.
- ↑ Renou, L. (1958). Páxina 9.
- ↑ Renou, L. (1958). Páxina 8.
- ↑ "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). Páxina 47.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Blanchet, Jules Adrien 1866-1957 Arquivado 03 de agosto de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Jules-Adrien Blanchet (1866-1957)". Bibliothèque nationale de France.
- ↑ "Blanchet, Adrien 1866-1957". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adrien Blanchet |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Babelon, J. (1958). "Nécrologie d’Adrien Blanchet 1866-1957". En Revue numismatique. Serie 6. Tomo I. Páxinas 7-10.
- Grenier, A. (1958). "Adrien Blanchet (1866-1957)". En Gallia, 16. Páxinas 1-4.
- Renou, L. (1958). "Éloge funèbre de M. Adrien Blanchet". En Comptes-rendus de l’Académie des inscriptions et belles-lettres (CRAI). 102-1. Páxinas 7-9.
- Tessier, G. (1966). "Notice sur la vie et les travaux de M. Adrien Blanchet". En Comptes-rendus de l’Académie des inscriptions et belles-lettres (CRAI). Páxinas 512-525.
Predecesor: Henri de Castellane Louis Sudre Henri Rolland |
Presidente da Sociedade Francesa de Numismática 1903-1905 1911-1912 1941-1942 |
Sucesor: Paul Bordeaux A. Babut Jean Babelon |
- Nados en 1866
- Finados en 1957
- Nados en París
- Numismáticos de Francia
- Membros da Sociedade Francesa de Numismática
- Arqueólogos de Francia
- Bibliotecarios
- Galardoados coa medalla Huntington
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia
- Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres